Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43325

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral e do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Mediante a Resolución do 7 de xuño de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 115, do 18 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes e de conformidade co establecido nas bases que rexen o proceso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Categoría 1, 7, 21

Director/a de residencia, titulado/a de grao medio, monitor/a ocupacional

Apelidos, nome

NIF

Motivo

Barros Couso, Mónica

***2127**

38

Canosa Rey, Jesús

***3089**

68, 73

Carballo Cruz, María Fátima

***7578**

27, 73

Caride González, Manuel

***7787**

27, 73

Cernadas Couceiro, María Luisa

***8774**

38

Fabeiro Beiro, Joaquín

***8820**

27, 73

Feijoo Ingerto, Lucía

***3680**

38

Fernández López, Mónica María

***5909**

27, 73

Gómez Arias, Francisco Javier

***2050**

27, 73

Gómez Campos, Antonio

***9762**

27, 73

López Lagares, María de los Ángeles

***5076**

68, 73

Louzán Méndez, Ana Isabel

***2415**

27, 73

Martínez Teijeiro, Aurea María

***4183**

29

Miguélez Fandiño, María José

***9122**

27, 73

Apelidos, nome

NIF

Motivo

Mourente López, María de los Ángeles

***4726**

29

Novo Gómez, Ana

***1232**

38

Novo Teijeiro, María Blanca

***5719**

68, 73

Quindimil Gómez, Gustavo Manuel

***6228**

29

Rial Midón, María Inmaculada

***8847**

27, 73

Ruiz Framil, Aaron

***6352**

38

Soto Pato, Sonia María

***5729**

27, 73

Vázquez Suárez, Juan José

***9762**

27, 73

Vega Pérez, María Begoña

***3957**

29

Categoría 17

Asistente/a social

Apelidos, nome

NIF

Motivo

Legaspi Irimia, Santiago

***3898**

28, 73

Categorías 8, 40

Director/a de gardaría infantil, mestre/a especialista de educación infantil

Apelidos, nome

NIF

Motivo

Castro Pérez, María del Pilar

***1837**

38

Marcos Graña, Brais

***4057**

38

Motivos de exclusión

Código

Descrición

27

Persoal laboral indefinido non fixo

28

Persoal laboral temporal

29

Non é persoal laboral fixo da categoría convocada

38

Non é persoal da Xunta de Galicia

68

Persoal nomeado ao abeiro da DT 9ª do Convenio colectivo

73

Non superou o proceso para o acceso á condición de laboral fixo