Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente FG número 677.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2021003914, do 11 de agosto de 2021, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de parte das parcelas catastrais 4199705NH5949N e 4299506NH5949N cualificadas como sistema local viario para continuidade da rúa Loural, Dorneda (documento de maio de 2021).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, durante o prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se xulguen oportunas.

Oleiros, 16 de agosto de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente