Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43544

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Unha vez recibido o informe-proposta motivado da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, formulado mediante escrito do 23 de xullo de 2021, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, en sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 30 de abril de 2021, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 86, do 7 de maio).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal

ANEXO

Acceso libre

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

***0723**

Figueiras Vázquez, Helena

2

***4136**

Nodar López, Raquel

3

***4732**

Mourelle Arnejo, Juan

4

***3895**

Álvarez Cuiñas, Alejandra

5

***4657**

Fernández Loureiro, David