Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2021 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao II do sistema de carreira profesional para o persoal funcionario, realizadas fóra de prazo durante o mes de xullo de 2021, e se procede á súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non ten sido aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais: CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo). Esta é a única convocatoria de acceso a carreira profesional realizada ata a actualidade.

Non se realizaou ata o momento convocatoria ningunha para o acceso extraordinario ao grao II do sistema de carreira profesional, non se estableceu ningún prazo de presentación, nin están establecidos os requisitos para o seu acceso, nin os criterios de avaliación que será necesario superar para o correspondente recoñecemento.

A solicitude sinalada no anexo foi presentada, polo tanto, fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir a solicitude sinalada no anexo a esta resolución, presentada no ano 2021 para acceder ao grao extraordinario II do sistema de carreira profesional, por estar presentadas fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao II do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data solicitude

***3105**

Pastur García

María

18.7.2021