Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43696

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2021.

Mediante o Acordo da Comisión Executiva do Consorcio do 24 de xuño de 2021, aprobouse a oferta de emprego público do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, que foi publicada o venres 13 de xullo de 2021 no Boletín Oficial da provincia número 158, xunto co texto íntegro do acordo.

O que se fai público en cumprimento do determinado no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2010, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, con indicación de que esta resolución é definitiva, polo que contra ela os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a Comisión Executiva, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a citada publicación, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se considere procedente.

Lugo, 29 de xullo de 2021

O presidente do Consorcio Provincial contra Incendios
P.D. (Decreto do 29.10.2019)
Pilar García Porto
Representante da Deputación Provincial de Lugo
no Consorcio Provincial contra Incendios