Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases para a cobertura en propiedade dunha praza de mediadora/or intercultural.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 131, do 14 de xullo de 2021, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura en propiedade polo procedemento de concurso-oposición dunha praza de mediadora/or intercultural, persoal laboral fixo, correspondente ao grupo III do Convenio de persoal laboral do Concello de Arteixo, incluída na Oferta de emprego público do exercicio 2017.

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas bases, dirixidas ao alcalde presidente, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 19 de xullo de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente