Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO de convocatoria para a selección dun/dunha operario/a de servizos múltiples, funcionario/a de carreira mediante oposición libre (oferta de emprego público de 2020).

Acordo da Xunta de Goberno local do 29 de xullo de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 148, do 6 de agosto de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a selección e provisión do posto de operario/a de servizos múltiples, funcionario/a de carreira pertencente a agrupacións profesionais, encadrado na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, incluído na oferta de emprego público de 2020, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo para presentar as instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte hábil ao de publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Monfero, 6 de agosto de 2021

Andrés Feal Varela
Alcalde