Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43640

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se modifica a Resolución do 11 de xuño de 2021 na cal se convocou un curso selectivo de acceso á escala básica, categoría de oficial dos corpos da Policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2021, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e o establecido nos artigos 38 e 39 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, con data 23 de xuño publicouse no DOG a Resolución do 11 de xuño de 2021, pola que se convocou un curso selectivo de acceso á escala básica, categoría de oficial dos corpos da Policía Local de Galicia.

Tendo en conta, que neste intre estase a realizar un novo proceso unitario desta categoría, xunto co remate de procesos da mesma en varios concellos galegos, cómpre modificar a data de inicio e fin deste curso, para favorecer a súa realización o maior número de persoas posibles e así facilitar a súa incorporación efectiva aos seus concellos dentro deste ano en curso, tendo en conta o referido con anterioridade,

DISPOÑO:

Modificar as datas de realización do curso selectivo de acceso á escala básica, categoría de oficial dos corpos da Policía Local convocado a través de Resolución do 11 de xuño de 2021, así:

– O curso realizarase do 18 de outubro ao 3 de decembro de 2021.

O prazo para a remisión de escritos para reservar praza rematará o día 11 de outubro de 2021.

Aqueles concellos que xa solicitasen a reserva de praza no antedito curso non teñen que realizar de novo a solicitude, ao igual que as persoas que superaron o proceso selectivo unitario convocado a través da Orde do 8 de xullo de 2020.

A Estrada, 26 de agosto de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública