Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 44015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021085TA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 7 de xullo de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2021085TA-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán los seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 19 de agosto de 2021

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2021085TA-LU.

NIE da persoa interesada: X9329198F.

Último enderezo coñecido: rúa Miguel de Cervantes, 26, 2º B, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Artigos infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: unha infracción leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).