Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 44019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do expediente sancionador MON-LU-0004/2021-CSA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (Servizo de Xestión Forestal), situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non finaliza a vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen presentar o referido recurso, esta resolución adquirirá firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-LU-0004/2021-CSA.

Interesado: 33624249C.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.