Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 44024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0524/2021-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0524/2021-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 19 de agosto de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0524/2021-PPM

35477211X

Inicio

Avenida de Cambados, edificio Procoarsa, 6, 3º D, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0611/2021-PPM

76931852A

Inicio

Joaquín Costa, 58, 5º F, Pontevedra

PSC-PO-0629/2021-PPM

X9535054J

Inicio

Cervantes, 10, 3º, Sanxenxo

PSC-PO-0636/2021-PPM

36099699A

Inicio

Calvar, 11, 3º D, Moaña

PSC-PO-0640/2021-PPM

78733658N

Inicio

Abelendo, 226, Moaña

PSC-PO-0645/2021-PPM

76900741B

Inicio

Agustín Nandín Lomba, 3, 2º dta., A Guarda

PSC-PO-0648/2021-TRA

73240919H

Inicio

Barreiras, 29, Darbo, Cangas

PSC-PO-0654/2021-COP

35433257D

Inicio

Granxa do Conde, 9, Cambados

PSC-PO-0657/2021-PPM

35438466C

Inicio

As Rodas, 5, Vilanova de Arousa