Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 43732

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 121/2021, do 2 de setembro, polo que se dispón que cese Francisco Barea Paz como director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

En virtude do establecido no artigo 24 dos estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro; nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de setembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Francisco Barea Paz, como director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, agradecéndolle os servizos prestados.

O cesamento ten efectos do día 27 de agosto de 2021.

Santiago de Compostela, dous de setembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda