Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 43997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Campo da Gonza, nas parroquias de Castromao, Corzos e Pradolongo, no concello da Veiga (expediente 2020/0247).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 17 de agosto de 2021 do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Campo da Gonza, nas parroquias de Castromao, Corzos e Pradolongo, no concello da Veiga (Ourense) promovido pola CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) de Carracedo, Castromao, Corzos e Pradolongo.

Este informe poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático