Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 43871

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 17 de agosto de 2021 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 18 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 12 de abril).

A Orde do 18 de marzo de 2021 (DOG núm. 67, do 12 de abril), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta do secretario xeral de Educación e Formación Profesional sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por delegación de competencia establecida na Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20

Nº de inscrición

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. do centro

Centro educativo

Importe

2160000214

Santos Bacelar, Francisco Javier

Actividades Físicas e Deportivas

36000922

IES María Soliño

850 €

2178000124

Rodríguez Tato, Javier

Administración e Xestión

32001725

IES Lauro Olmo

850 €

2162000121

Canto Lastra, Miguel

Agraria

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

850 €

2178000055

Gómez Díaz, Lorena

Artes Gráficas

15021469

CIFP Leixa

850 €

2188000242

García Rodríguez, Sandra

Comercio e Márketing

36020350

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

850 €

2170000091

Blanco Gens, Cristina

Edificación e Obra Civil

15027058

IES As Fontiñas

850 €

2162000020

Quiroga Blanco, David

Electricidade e Electrónica

36017430

IES Ricardo Mella

850 €

2195000126

Hermida Fernández, Enrique

Fabricación Mecánica

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €

2177000240

García Golmar, Iria

Hostalaría e Turismo

27007259

IES Río Cabe

850 €

2184000083

Robles Suárez, Rubén

Imaxe e Son

15027800

CIFP Imaxe e Son

850 €

2179000094

Blanco Álvarez, Marta

Imaxe Persoal

32009116

IES 12 de Outubro

850 €

2198000128

Fonseca Planet, Laia

Industrias Alimentarias

36000481

IES Ramón Cabanillas

850 €

2110000108

Mella Albertino, Alejandro

Informática e Comunicacións

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

2171000330

Pernas Fernández, Noel

Instalación e Mantemento

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €

2159000101

Fernández Ocampo, Laura

Madeira, Moble e Cortiza

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

850 €

2135000223

Oubiña Bea, Lucía

Marítimo-Pesqueira

36020209

IGAFA Inst. Galego de F. en Acuicultura

850 €

2157000254

Andón Rodríguez, Mariña

Química

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €

2105000012

Muíño Rey, Minia

Sanidade

15032364

CPR Fesán

850 €

2105000053

Gundín González, Genoveva

Servizos Socioculturais e á Comunidade

15032169

CPR Tomás Barros

850 €

2156000307

Veiga da Rocha, Aroa

Téxtil, Confección e Pel

36013448

CIFP Manuel Antonio

850 €

2151000293

López Gómez, Lorena

Transporte e Mantemento de Vehículos

15006754

CIFP Ferrolterra

850 €