Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 44033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal para clasificar unha área do termo municipal como solo urbano.

Mediante acordo plenario do 24 de agosto de 2021, o Concello de Mesía aprobou inicialmente a modificación puntual nº 1 do PXOM para clasificar unha área do termo municipal como solo urbano.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 19 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento á información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncios no diario La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia. O prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e durante el os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas municipais e presentar, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas. O documento tamén pode ser consultado na páxina web municipal: http://www.concellodemesia.gal

Así mesmo, acordouse a suspensión de licenzas no ámbito correspondente coa delimitación proposta para o solo urbano consolidado industrial nos termos establecidos no resumo executivo.

Mesía, 30 de agosto de 2021

Mariano Iglesias Castro
Alcalde