Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44264

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal (referencia E-INNOEDUCO2-21-TP1).

Praza: un/unha (1) de técnico/a de proxecto (referencia: E-INNOEDUCO2-21-TP1).

Proxecto que se vai desenvolver: Ciencia escolar e-learning ONE HEALTH (e-InnoEduCO2).

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, para a realización de proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia