Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44250

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de conserxe-colexio de administración xeral, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, funcionario de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 137, do 22 de xullo de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de conserxe-colexio de administración xeral, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, funcionario de carreira, polo procedemento de oposición, grupo AP.

No Boletín Oficial da provincia número 143, do 30 de xullo de 2021, publicouse anuncio de Corrección de erros do anuncio da convocatoria e bases reguladoras para a provisión en propiedade dunha praza de conserxe-colexio, funcionario de carreira, publicado no BOP do 22 de xullo de 2021.

No Boletín Oficial da provincia número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 30 de xullo de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.7.2020; BOP núm. 114, do 23 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá e Persoal