Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO de convocatoria para a selección dun conserxe, funcionario/a de carreira mediante oposición libre (oferta de emprego público de 2019).

Acordo da Xunta de Goberno local do 29 de xullo de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 148, con data do 6 de agosto de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a selección e provisión do posto de conserxe, funcionario/a de carreira pertencente a outras agrupacións profesionais, encadrado na escala de Administración xeral, subescala subalterna, incluído na oferta de emprego público de 2019, mediante o sistema de oposición libre, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 153, do 13 de agosto de 2021, publicouse unha corrección de erros.

O prazo para presentar as instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte día hábil ao de publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Monfero, 13 de agosto de 2021

Andrés Feal Varela
Alcalde