Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44351

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de técnico/a de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 177, do 4 de agosto de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover unha praza de técnico/a de administración xeral, subgrupo A1, escala de Administración xeral, subescala técnica, mediante o sistema de oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na web e no taboleiro de anuncios do Consorcio.

Lugo, 4 de agosto de 2021

O presidente do Consorcio Provincial contra Incendios
P.D. (Decreto do 29.10.2019)
Pilar García Porto
Representante da Deputación Provincial de Lugo
no Consorcio Provincial contra Incendios