Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de agosto de 2021 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2021000302 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021

Xulia Rodríguez Blanco
Secretaria do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01989-LMTA VAA708 e CTI Portela (Gondomar).
Expediente IN407A 2017/177-4

Emilia González Diego

27.5.2021

2021000302

6

Mª Rosa González Diego

27.5.2021

2021000302

6

01771-Variante de Aradas. Clave AC/10/020.01. Termo municipal de Santiago de Compostela

Manuel Mata Botana e outros

27.5.2021

2021000287

066-CO

01984-Parque eólico Sasdónigas, fase II. Expediente LU-11/125-EOL

José Manuel Maseda González

27.5.2021

2021000225

76

José Manuel Maseda González

27.5.2021

2021000259

160

01995-Anexo 2. LMTS. CTC. RBT. Escoitadoira no concello de San Sadurniño. Expediente IN407A 2015/251-1

Mercedes Calvo Castro

24.6.2021

2021000358

1

01959-PLISAN-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG

Domínguez Gil, Marcial e José Enrique

25.3.2021

2020001372

551

00795-Parque empresarial de Vilanova de Arousa I

José Manuel Martínez Goris

22.7.2021

2021000542

80

01786-Ampliación e mellora de trazado da CP-8203. Vedra-Ponte de Santa Lucía do p.q. 8,130 ao p.q. 10,370. Código 14.1110.0002.0

Hros. José Vieites Maza

22.7.2021

2021000513

1E

Hros. José Vieites Maza

22.7.2021

2021000514

1I

Hros. José Vieites Maza

22.7.2021

2021000515

1L

01786-Ampliación e mellora de trazado da CP-8203. Vedra-Ponte de Santa Lucía do p.q. 8,130 ao p.q. 10,370. Código 14.1110.0002.0

Hros. José Vieites Maza

22.7.2021

2021000516

8

Hros. José Vieites Maza

22.7.2021

2021000518

13

Hros. Dominga Maza Cepeda

22.7.2021

2021000519

28

Hros. Manuel Vieites Neiro

22.7.2021

2021000520

33

Hros. Manuel Vieites Neiro

22.7.2021

2021000521

34CO