Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 8 de setembro de 2021 Páx. 44436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 596, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 18 de agosto de 2021 se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 596 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 2.923,63 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Antigos titulares: José Benito Feijoo Vázquez, Adrián Feijoo Fernández, José Benito Feijoo Fariña e Teresa Vázquez Feijoo.

Novos titulares: Cristina Feijoo Oubiña (***0108**), Adrián Feijoo Fernández (***9195**) e José Benito Feijoo Vázquez (***5167**).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Vigo, 18 de agosto de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo