Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 8 de setembro de 2021 Páx. 44399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 2 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Treboada e liña de evacuación, situado nos concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives e San Xoán de Río (expediente IN408A 2019/78).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

– Solicitante: Wind Grower, S.L.; CIF: B16637241.

– Denominación do proxecto: parque eólico Treboada e liña de evacuación.

– Concellos afectados: Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río e A Pobra de Trives (Ourense).

– Concellos afectados por liña de evacuación: San Xoán de Río e A Pobra de Trives (Ourense).

– Potencia que se vai instalar: 50 MW.

– Número de aeroxeradores: 10×4,2 MW de potencia nominal unitaria e 2×4,0 MW de potencia nominal unitaria.

– Produción neta anual estimada: 140.320 Mwh/ano.

– Subestación: Treboada 30/220 kV.

– Liña de evacuación Treboada-Trives: 220 kV.

– Lonxitude da liña de evacuación: 4,64 km.

– Número de apoios da liña de evacuación: 18.

– Orzamento total (execución material): 44.008.215 €.

– Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

A

639219

4698030

B

639219

4693164

C

640205

4693164

D

640205

4690243

E

641823

4690243

F

641823

4688315

G

634897

4688315

H

634897

4691765

I

635886

4691765

J

635886

4691945

K

631906

4694788

L

634888

4699758

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para a subestación (SET) son:

UTM-X

UTM-Y

T-1

636010

4696033

T-2

635720

4695616

T-3

635304

4694990

T-4

634996

4694630

T-5

634437

4694294

T-6

636235

4689611

T-7

635918

4689392

T-8

635669

4689112

T-9

635390

4688835

T-10

637925

4692225

T-11

637864

4691852

T-12

638183

4691340

SET

639198,7

4693093,9

As coordenadas previstas en proxecto para as torres meteorolóxicas son:

Torre

UTM-X

UTM-Y

TM-T1

635645

4695353

TM-T2

636575

4689666

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 12 aeroxeradores modelo V150 de 4,2 MW (10 ud.) e 4,0 MW (2 ud.) do fabricante Vestas, cunha altura de buxa de 105 m, diámetro de rotor de 150 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 5.150 kVA e relación de transformación de 0,72/30±2×2,5 % kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque (SET), composta por tres circuítos con condutores tipo Al HEPRZ1 18/30 kV+H16 Cu de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores T-1, T-2, T-3, T-4 e T-5, o circuíto 2 para os T-6, T-7, T-8 e T-9 e o circuíto 3 para os T-10, T-11 e T-12.

– Subestación Treboada 30/220 kV con parque a nivel de 220 kV en intemperie con aparellaxe convencional e seguintes elementos: posición de barras para 8 posicións, 6 posicións de liñas máis 2 de trafo, cos equipos necesarios de protección e medida; e dous transformadores de potencia de 50 MVA ONAN e relación de transformación 220/30 kV. En 30 kV SET Treboada cos seguintes elementos: reactancia de posta a terra, con limitación de corrente a 500 A, 30 s; unha posición de transformador, con trafo de SS.AA.; unha posición de trafo do parque eólico; unha posición de medida; tres posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores; ademais dunha posición de batería de condensadores. E SET «reserva» que conten: posición de trafo do parque eólico; unha posición de medida; posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores; ademais dunha posición de batería de condensadores. En ambos casos, equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SET.

– Liña de evacuación: LAT 220 kV, en condutor dúplex LA-545 sobre 18 apoios metálicos de celosía, con orixe no pórtico da subestación colectora Treboada e fin nunha nova posición de liña na subestación Trives 220.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (25.6.2021-visado o 28.6.2021).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo de 2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (18.6.2021-visado o 21.6.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Toda a documentación pódese examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A documentación sometida a información pública estará tamén dispoñible, durante o sinalado prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ourense, 2 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense