En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).
Domicilio social: Torre Serrano, rúa Marqués de Villamagna, nº 3, 5ª planta, 28001 Madrid.
Domicilio para os efectos de notificacións: rúa das Hedras, nº 6, baixo i, 15895 O Milladoiro-Ames (A Coruña).
Denominación do proxecto: parque eólico Barrosino.
Municipio afectado: A Baña (A Coruña).
Potencia que se instalará: 13,5 MW.
Nº de aeroxeradores que se van instalar: 3 ud. × 4,5 MW de potencia nominal unitaria.
Produción media neta estimada: 43.425 Mwh/ano.
Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.217 horas.
Orzamento de execución material: 11.160.152,80 €.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Localización (área de afección):
Parque eólico Barrosino |
|
A.D.E. |
ADE I-9-1 Alto da Pedrida Santa Mariña |
Parque eólico Barrosino |
|||
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concellos |
|
X |
Y |
||
P1 |
518.455,00 |
4.759.208,00 |
A Baña |
P2 |
521.820,00 |
4.759.208,00 |
A Baña |
P3 |
521.820,00 |
4.755.065,00 |
A Baña |
P4 |
518.455,00 |
4.754.065,00 |
A Baña |
Parque eólico Barrosino |
|||
Aeroxerador |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concellos |
|
X |
Y |
||
BA1 |
520.435 |
4.757.977 |
A Baña |
BA2 |
519.924 |
4.758.296 |
A Baña |
BA3 |
520.926 |
4.756.626 |
A Baña |
Parque eólico Barrosino |
|||
Torre meteorolóxica |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
TM |
520.462 |
4.757.500 |
A Baña |
Parque eólico Barrosino |
|||
Centro de seccionamento |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
C.S. |
520.132 |
4.757.658 |
A Baña |
Parque eólico Barrosino |
|||
Vértices da envolvente C.S. |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
P1 |
520.120,93 |
4.757.669,73 |
A Baña |
P2 |
520.166,98 |
4.757.676,41 |
A Baña |
P3 |
520.167,50 |
4.757.651,22 |
A Baña |
P4 |
520.120,69 |
4.757.644,43 |
A Baña |
Características técnicas da instalación:
• Tres (3) aeroxeradores tripá, de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade variable e paso variable, altura ata a buxa de 127,5 m e un diámetro do rotor de 145 m.
• Tres (3) centros de transformación trifásicos montados no interior das góndolas dos aeroxeradores, potencia aparente unitaria 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.
• Unha (1) torre meteorolóxica de medición de ata 127,5 metros de altura total.
• Un (1) centro de seccionamento formado por dous edificios prefabricados cun sistema de 30 kV, da seguinte maneira:
– Un edificio prefabricado de celas de media tensión, dedicado a albergar as celas de posición de liña, dúas (2) para a chegada das liñas de cada circuíto desde o parque eólico e unha (1) da saída de liña, unha (1) cela de transformador de servizos auxiliares e unha (1) cela de medida de tensión de barra.
– Un edificio prefabricado de control, onde se instalarán os cadros de control, servizos auxiliares e proteccións correspondentes, xunto cos equipamentos de mando control e protección de 30 kV e os servizos comúns.
– A superficie construída é de aproximadamente 32,28 m2.
• O sistema colector de media tensión está formado por dous (2) circuítos de 30 kV en instalación subterránea e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata o centro de seccionamento de 30 kV. O primeiro dos circuítos enlaza os aeroxeradores BA01 e BA02 co centro de seccionamento do parque, mentres que o segundo circuíto fai o oportuno co terceiro aeroxerador BA03. O tipo de cable utilizado para a rede colectora de media tensión será RHZ1-2OL H16 Cu 18/30 kV Al sen armadura de seccións 95 e 150 mm².
• A posta á terra da rede de media tensión está constituída por un cable de cobre nu, de sección mínima 50 mm², tendido ao longo da canalización de media tensión e á mesma profundidade ca esta. O sistema de posta á terra será único para a totalidade do parque eólico.
• Pola mesma gabia das citadas liñas de media tensión instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica monomodo con 24 fibras de 9/125 μm, armado con fibra de vidro, e que se empregará para a monitorización e o control do parque eólico.
• O centro de control do parque instalarase na subestación do clúster (Troitomil), non incluído neste proxecto.
• Desde o centro de seccionamento, a enerxía evacuarase a través dunha liña aérea de 30 kV obxecto doutro proxecto (IN408A 2020/158) ata a subestación do clúster (SET Troitomil 30/132 kV, expediente IN408A 2017/24), onde se elevará a tensión para evacuar conxuntamente cos demais parques do clúster ata o punto de conexión á rede. As ditas instalacións son obxecto de proxectos independentes.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.
• Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (agosto 2021-vsdo. 5.8.2021).
1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.
2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (agosto 2021-asdo. 5.8.2021).
3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) (novembro 2020_rev 1-vsdo. 5.8.2021).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 62, así como no Concello da Baña (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/barrosino
O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A Coruña, 2 de setembro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña