Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 25 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada, durante este prazo, poderase presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, número 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselle á persoa interesada que, se non formulase recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 25 de agosto de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa

interesada

Nº de expediente

Preceptos

infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Proposta de sanción

44486464W

44486464W/14-07-2021/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego