Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44807

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 29 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude da Resolución do 29 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo)

DISPOÑO:

Primeiro. Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***8552**

Domínguez Prieto, Jessica

Estimación recurso administrativo

***6480**

Gutiúrrez Paez, Francisco

Estimación recurso administrativo

Quedando excluídas, as persoas anteriormente indicadas, da relación definitiva de aspirantes excluídas ao dito proceso selectivo.

Segundo. Incluír na relación definitiva de aspirantes excluídos ao proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

***4441**

Ferreiro Álvarez, Félix

20 (taxas non aboadas)

Quedando excluída, a persoa anteriormente indicada, da relación definitiva de aspirantes admitidos ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública