Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44814

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez presentada a renuncia da vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Susana Touza Figueiras como vogal titular do tribunal encargado de cualificar proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Guillermina Núñez Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública