Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora:
– Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
– Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
– Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
– Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
– Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
– Tipo de contrato: servizo.
– Tramitación: ordinaria.
– Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2. Obxecto do contrato:
– Título: apoio técnico para a elaboración de modelos hidráulicos bidimensionais das ARPSI da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, que se integrarán no sistema de alerta temperá de Augas de Galicia.
– Clave do expediente: GA.21066.
– CPV (referencia de nomenclatura): 71356300-1 (servizos de apoio técnico).
– Orzamento base: importe neto: 14.994,00 euros. Importe total: 18.142,74 euros.
– Prazo de execución: 4 meses.
– Importe da adxudicación: importe neto: 11.000,00 euros. Importe total: 13.310,00 euros.
– Empresa contratista: Tecyp Ingeniería, S.L.
3. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
– Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
– A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos». Obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga». Actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas»; operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume». Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia