De conformidade co disposto no artigo 49.3 e 49.4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Informar os interesados que se relacionan no anexo do emprazamento en relación co procedemento interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), contra a resolución de prezo xusto.
2. Así mesmo, informar os interesados de que, desde o Xurado de Expropiación de Galicia, se lle remite o citado expediente ao TSXG por petición del.
3. Notificarlles aos interesados para que, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poidan comparecer e constituírse como parte no auto, ante o TSXG, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
4. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado e, en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021
Carlos Calzadilla Bouzón
Vogal do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto |
Persoas que se notifican |
Data do acto que se notifica |
Nº de |
Predio |
Nº de procedemento |
01959-PLISAN - Inclusión de bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas do TSXG |
Lorenzo Lamas, José Luis e outros |
3.8.2021 |
2020001410 |
4116-B |
0007318/2021 |