Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de agosto de 2021, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro de concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino á construción dunha nave para almacén e lavado de caixas de pesca (expediente 14-07-21-C-2).

O día 2.8.2021 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino á construción dunha nave para almacén e lavado de caixas de pesca, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, número 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de agosto de 2021

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte