Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varios interesados as resolucións relativas ás modificacións do acordo da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 2º, Pontevedra, teléfono 986 80 54 48), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación.

Pontevedra, 26 de agosto de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MA-086

Pilar Parada López

Resolución de modificación do acordo

MA-086

Rafael Peña Gordillo

Resolución de modificación do acordo

MA-086

María del Carmen Parada López

Resolución de modificación do acordo

MA-086

34217211L

Resolución de modificación do acordo

MAEGF-OFI-1047

Leonor Gómez Núñez

Resolución de modificación do acordo

MAEGF-OFI-1047

35567776R

Resolución de modificación do acordo

MAEGF-OFI-1047

B36398659

Resolución de modificación do acordo