Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44946

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 2 de setembro de 2021 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria, e nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, por medio da Orde do Ministerio de Xustiza XUS/670/2021, do 23 de xuño de 2021 (BOE do 28 de xuño), constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes nesta comunidade autónoma, e segundo os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 8 de xullo de 2021 (BOE do 15 de xullo) e resolto pola Resolución do 23 de agosto de 2021, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 214/2020, do 3 de decembro, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

– Sebastián Camacho Pita, aspirante núm. 19 para o Rexistro de Ordes.

– Miguel García Torrús, aspirante núm. 24 para o Rexistro de Ourense número 3.

– Mario Vaqueiro Bargés, aspirante núm. 25 para o Rexistro de Viveiro.

– Alberto Núñez Doval, aspirante núm. 30 para o Rexistro de Ortigueira.

– María Teresa Sanjurjo Ferrín, aspirante núm. 31 para o Rexistro da Estrada.