Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44950

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, da Consellería de Facenda, pola que se fan públicos a data, o lugar e a hora de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 17 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

ACORDOU:

Que o segundo exercicio terá lugar o día 23 de setembro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

María Isabel del Río Viqueira
Presidenta do tribunal