Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 13 de setembro de 2021 Páx. 44981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poden ser membros os traballadores e traballadoras activos, en paro ou á procura do seu primeiro emprego, a mocidade e os/as pensionistas e xubilados e xubiladas, os traballadores e traballadoras autónomos, sempre que non teñan empregados ao seu cargo e quen preste o seu servizo baixo o control e a dirección doutra persoa, calquera que sexa a forma xurídica que adopte esta relación laboral.

– Asinante: Amelia Pérez Álvarez.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais