Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-PO-0013/2021-BA.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-PO-0013/2021-BA.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Gandaría, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no BOE no caso de incomparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Nº de expediente: SAN-PO-0013/2021-BA.

Interesado/a: 77407495Y.

Acto de notificación: resolución.