Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, polo que se dá publicidade da resolución da Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos á realización das probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño, convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. De conformidade coa base quinta da antedita resolución, e unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de admisión ás ditas probas, a Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos, e dispón a publicación desta para a súa consulta, na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia www.ga-galicia.com e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio, logo do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Terceiro. Os aspirantes non admitidos dispoñerán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para emendaren, se é o caso, a omisión ou defecto que motivou a súa non admisión, ou presentaren a correspondente reclamación ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Cuarto. Unha vez que sexan resoltas as reclamacións e correccións presentadas, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaría xeral técnica da Consellería
de Presidencia, Xustiza e Turismo