Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Centro Euroiberoamericano para el Desarrollo Social Intercedes, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Centro Euroiberoamericano para el Desarrollo Social Intercedes, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 7 de maio de 2020, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é avenida Finisterre, nº 265-C, 3ª planta, 15008 A Coruña, provincia da Coruña.

A Coruña, 15 de xullo de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña