Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45703

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 6 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS623C).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, atribúe á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais para Galicia, establece, no seu artigo 58, que as competencias en materia de servizos sociais corresponderán á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais de Galicia, así como, se é o caso, ás demais entidades públicas previstas no Estatuto de autonomía de Galicia ou establecidas nesta lei. Así mesmo, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no seu artigo 5, establece que as actuacións que desenvolvan as administracións públicas para a aplicación das medidas establecidas nesta lei rexeranse tamén polo principio de responsabilidade pública e solidariedade social, polo que os poderes públicos galegos desenvolverán as medidas reguladas nesta lei mediante a rede pública de servizos sociais e de emprego, sen prexuízo do fomento da participación e da colaboración complementaria das entidades de iniciativa social tanto na aplicación de recursos contra a exclusión como na mellora continua do sistema.

Segundo o Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, a dita consellería é o órgano que ten asumidas as competencias en materia de asistencia social, nun incluíndo as políticas de inclusión social e as relativas á poboación inmigrante que corresponden á Xunta de Galicia.

A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha organización cunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.

Para lograr a converxencia con España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego e mellorar as condicións de empregabilidade propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión.

Por outro lado o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, prevé a posibilidade de que os fondos poidan executarse ata o final do terceiro ano seguinte á súa asignación ao programa.

Nesta liña, aumentar a participación no mercado laboral e mellorar a calidade e produtividade do traballo, impulsando a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos, son os principais obxectivos do presente período 2014/2020.

Este enfoque da inclusión social activa, anteriormente recollido na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, está consolidado como unha das prioridades da Unión Europea e dos Estados membros e é prioritario para os fondos estruturais. Neste sentido, o Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, no seu artigo 3, establece que o Fondo Social Europeo (en diante FSE) apoiará, como prioridade de investimento, en relación co obxectivo temático «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», a inclusión social activa, con vistas a promover a igualdade de oportunidades, a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego.

A isto súmanse as consecuencias económicas, sociais e sanitarias da pandemia da COVID-19 que agravan a situación das persoas en risco de exclusión social reducindo a cohesión social, polo que é necesario aplicar medidas de recuperación que fagan fronte a esta situación.

Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos impulsando o desenvolvemento de actuacións como as que serán obxecto da concesión de subvencións a través da presente orde.

A presente orde pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, os perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e as persoas inmigrantes, entre outros, considéranse grupos vulnerables e, por tanto, susceptibles de ser destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio. Estas tipoloxías de programas son susceptibles de ser financiadas polo Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19, nunha porcentaxe do 100 %, a través do eixe prioritario R (REACT-UE), obxectivo temático «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento R.1 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico R.1.2 (OE REACT-UE 2) «Apoiar o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza» e na liña de actuación 106 da anterior Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.

Por outra banda, o estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia desenvolvido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades sociais no ano 2017 reflicte que un total de 1.263 persoas sofren esta situación en Galicia e o 68 % deles leva máis de tres anos na rúa. Para reverter esta situación é necesario desenvolver programas de carácter integral que atendan as múltiples necesidades destas persoas, desenvolvendo itinerarios de inclusión específicos, reforzar o acompañamento e realizar accións de promoción do acceso e mantemento da vivenda. É por iso que esta convocatoria recolle un programa específico dirixido a subvencionar prestacións a persoas sen fogar.

Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Así mesmo, dáse debido cumprimento á normativa aplicable, de conformidade co disposto no artigo 125.3.e) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018; e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Tamén é de aplicación a seguinte normativa europea: o Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao brote de COVID-19; o Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote de COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus) e Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no que respecta aos recursos adicionais e as disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT-UE).

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018. As normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67, 68, 68.bis e 68.ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento e regulación da concesión de subvencións ás corporacións locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal durante os exercicios 2021, 2022 e 2023, que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral. O código deste procedemento é o BS623C.

2. Para os efectos da presente orde, terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia e, particularmente, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana, a poboación inmigrante residente en Galicia e as persoas sen fogar, cando se trate de participantes nos programas descritos no artigo 5.

Artigo 2. Financiamento

1. Na concesión das subvencións reguladas nesta orde destínanse os importes sinalados a seguir para os anos 2021, 2022 e 2023.

Aplicacións

2021

2022

2023

Total

13.03.312C.460.0

48.795,00 €

345.000,00 €

150.000,00 €

543.795,00 €

13.03.313C.460.1

210.000,00 €

500.000,00 €

210.000,00 €

920.000,00 €

13.03.313C.460.2

1.123.808,00 €

2.550.000,00 €

1.066.000,00 €

4.739.808,00 €

1.382.603,00 €

3.395.000,00 €

1.426.000,00 €

6.203.603,00 €

Estas partidas son susceptibles de ser financiadas polo Fondo Social Europeo, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19, nunha porcentaxe do 100 %, a través do eixe prioritario R (REACT-UE), obxectivo temático «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento R.1 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico R.1.2 (OE REACT-UE 2) «Apoiar o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza» previsto e liña de actuación 106 da anterior Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020:

Liñas de financiamento

2021

2022

2023

Total

Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana

210.000,00 €

500.000,00 €

210.000,00 €

920.000,00 €

Programas dirixidos a inclusión social da poboación inmigrante

48.795,00 €

345.000,00 €

150.000,00 €

543.795,00 €

Programas dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social

497.808,00 €

1.050.000,00 €

440.000,00 €

1.987.808,00 €

Programas complementarios dirixidos a educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social

416.000,00 €

1.000.000,00 €

416.000,00 €

1.832.000,00 €

Programas dirixidos a persoas sen fogar

210.000,00 €

500.000,00 €

210.000,00 €

920.000,00 €

Total

1.382.603,00 €

3.395.000,00 €

1.426.000,00 €

6.203.603,00 €

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, logo de informe favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio competente do PO FSE Galicia 2014-2020, actualmente a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. A este respecto, poderá incrementarse crédito procedente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 nos programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

3. Polo que respecta aos programas, de non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de subvención, poderá ser utilizado no resto das tipoloxías, sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos que financian as devanditas axudas.

Artigo 3. Entidades solicitantes

1. Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1.

2. Enténdense incluídas no número anterior as mancomunidades de concellos e agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, incluída a de fusión municipal.

Non obstante o anterior, e en relación a aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de concellos, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos, considerarase que non queda suficientemente acreditado este particular cando os usuarios participantes do programa estean empadroados nun único concello dos integrantes da devandita agrupación ou o servizo a estes non se preste a través dun único dispositivo. Esta última característica non será aplicable no caso de programas de natureza inequívoca e exclusivamente formativa.

En todo caso, a solicitude presentada por calquera tipo de agrupación de concellos para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude por parte dun concello que forme parte da agrupación para o mesmo programa.

3. En calquera caso, as corporacións locais solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Aquelas corporacións locais solicitantes de subvencións para un programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada segundo as seguintes regras:

1º. Concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante e un mínimo de 150 persoas inmigrantes empadroadas no concello. No caso de non cumprir a porcentaxe anterior deberán ter polo menos 1.000 persoas estranxeiras empadroadas no municipio.

2º. Consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter unha media de 200 persoas inmigrantes empadroadas.

O cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e a poboación inmigrante empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución desta convocatoria.

As entidades solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención, excepto a porcentaxe de poboación sobre a poboación total empadroada.

c) As corporacións locais solicitantes da subvención para un programa da tipoloxía recollida no artigo 4.1.c) dirixido ás persoas en situación ou risco de exclusión social non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa a prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

Artigo 4. Accións subvencionables

1. Serán subvencionables os programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables que a seguir se enumeran:

a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana.

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) Programas específicos dirixidos a persoas sen fogar.

2. Así mesmo, serán subvencionables os programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social.

3. Todas as accións que presenten as entidades solicitantes serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e se terán en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres ás que se dirixen polo mero feito de ser home ou muller.

Artigo 5. Prestacións subvencionables dos programas e servizos de inclusión

1. En todos os programas enumerados no artigo 4.1 poderán subvencionarse as prestacións e servizos incluídos na Carteira de servizos sociais de inclusión aprobada polo Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, que se relacionan a seguir:

a) Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Dentro deste servizo financiaranse:

1º. Na sección de inclusión básica. Comprende as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

2º. Na sección de inclusión e transición ao emprego. Comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral; a mediación laboral; a prospección e intermediación laboral activa; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

3º. A prestación de reforzo socioeducativo para menores. Como prestación independente no marco das anteditas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, inclúese o reforzo, orientación e apoio ao alumnado para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria, reducir o absentismo escolar e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.

4º. As prestacións do servizo de apoio á inclusión residencial. Este servizo inclúe accións de apoio ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, debido aos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial. Subvenciónanse as prestacións obrigatorias da sección de promoción do acceso e mantemento da vivenda: intermediación inmobiliaria, prevención da discriminación no mercado da vivenda e acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables, e a prestación opcional de mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.

b) Excepcionalmente poderanse subvencionar fóra do servizo de apoio á inclusión sociolaboral as accións de formación adaptada cando desenvolvan contidos relacionados coas medidas comprendidas nas prioridades transversais da anterior Estratexia de inclusión social de Galicia, nas cales se inclúe a formación en alfabetización de coñecementos básicos dixitais, a formación en competencias clave e a preparación para as probas para adquisición do título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Educación Secundaria para Adultos (ESA).

2. Ademais das prestacións comúns a todos os grupos antes indicadas, poderán subvencionarse as seguintes prestacións específicas aos seguintes colectivos vulnerables:

a) Para a poboación xitana subvencionaranse como módulo independente en calquera das súas seccións a prestación de mediación social e/ou intercultural. Esta prestación deberá ser levada a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos e/ou construír unha nova realidade social compartida. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

b) Para a poboación inmigrante, subvencionaranse os seguintes servizos:

1º. O servizo de promoción da participación social, que está dirixido á adquisición de habilidades lingüísticas e ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida; inclúe a prestación obrigatoria da sección de inmersión lingüística relativa ás accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia, e a prestación obrigatoria da sección de integración sociocultural relativa ás accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores e características da sociedade de acollida.

2º. Prestacións de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, nas cales se enmarcan accións como a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

3º. Como módulo independente en calquera das súas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, subvencionarase a prestación de mediación social e/ou intercultural co mesmo alcance e contido que no número 2.a) para a poboación xitana.

c) Para as persoas sen fogar, subvencionaranse como módulo independente en calquera das súas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, a prestación de mediación social e/ou intercultural co mesmo alcance e contido que no número 2.a) para a poboación xitana.

3. Terán a consideración de programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social aqueles que conteñan actuacións complementarias da intervención social individual expresamente incluídas no seu proxecto de inclusión, que teñen por obxecto promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas e aqueles outros obxectivos establecidos no artigo 19 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Artigo 6. Persoas destinatarias das actuacións subvencionadas

1. As persoas destinatarias das actuacións subvencionables nos programas obxecto da axuda serán as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión da rede de equipos de inclusión sociolaboral e, en xeral, as afectadas por factores de exclusión social. Neste último suposto a situación de exclusión social acredítase mediante declaración responsable da entidade solicitante da subvención de que o beneficiario do programa está nesa situación. Para a consideración destes factores terase en conta o establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro. Nos programas dirixidos a persoas sen fogar, na declaración responsable da entidade indicarase que o factor de exclusión social é ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda previsto no artigo 3.1.i) da dita lei.

De conformidade co previsto no artigo 20.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, no caso dos programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social, será requisito adicional que a unidade familiar destinataria do servizo teña valorado e prescrito a alta no programa por parte do persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais, e figure no corresponde expediente social.

En relación coas persoas inmigrantes participantes nos programas, deberán ser persoas en situación ou risco de exclusión ou nunha situación de vulnerabilidade derivada de súa situación de inmigrante e ter constancia desta condición de inmigrante ou da súa orixe estranxeira. A situación de exclusión ou vulnerabilidade acreditarase mediante declaración responsable da entidade solicitante da subvención.

Tamén poderán ser beneficiarias aquelas persoas beneficiarias ou solicitantes de protección internacional que poidan chegar á Comunidade Autónoma de Galicia.

Na ficha de descrición da actuación dos anexos II, III, IV, V e VI deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias dos programas e o seu perfil.

2. Con carácter xeral é incompatible a participación dunha persoa nun programa de apoio á inclusión sociolaboral coa participación no mesmo período que se subvenciona noutro programa de apoio a inclusión sociolaboral de similar contido, realizado noutro dispositivo público ou privado de inclusión social financiado por fondos públicos. Para estes efectos contarase coa información contida na aplicación informática «Inclusión Social» ou outras ferramentas que permitan a comprobación.

Artigo 7. Gastos que se subvencionan

1. Para os efectos da presente orde, consideraranse como gastos subvencionables das actuacións establecidas no artigo 5 os seguintes:

a) Gastos directos. Terán esta consideración os que a seguir se relacionan, sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, por tanto, se refiran inequivocamente a ela:

1º. Gastos de persoal propio da entidade solicitante da subvención. Serán subvencionables os custos salariais totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha asignación previa de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación como no caso de dedicación parcial.

2º. Gastos de traballadores/as por conta propia.

3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.

4º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes dos programas que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.

5º. Bolsas por asistencia a accións formativas que non sexan percibidas por persoas participantes dos programas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento.

6º. Axudas por desprazamento para participantes nas accións subvencionables.

7º. Gastos de material formativo utilizados exclusivamente na formación dos programas subvencionados.

8º. Gastos de intermediación con empresas para a realización de prácticas non laborais.

9º. Aluguer de maquinaria específica para a formación.

b) Gastos de carácter indirecto que a seguir se relacionan, sempre que non se correspondan en exclusiva coa actuación subvencionada por teren carácter estrutural pero resulten necesarios para a súa realización:

1º. Gastos de persoal.

2º. Gastos en material funxible.

3º. Gastos de aluguer e mantemento das instalacións do lugar da realización das actuacións como luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

2. En todo caso, os programas dirixidos á inclusión social subvencionados deberán cumprir as normas establecidas nos regulamentos (UE) nº 1303/2013 e 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificados ambos polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, no Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020; no Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013 e (UE) 508/2014, no relativo ás medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e nos outros sectores de súas economías, en resposta ao brote de COVID-19, e no Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e as disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT-UE) e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos aos programas obxecto de todas as axudas reguladas na presente orde será do 1 de xullo de 2021 ao 30 de abril de 2023.

4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social por propia iniciativa ou a petición de calquera das entidades solicitantes.

5. Poderanse subcontratar as actuacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral do servizo de apoio á inclusión sociolaboral do artigo 5.1.a).1º e 2º, agás a diagnose e a avaliación do proxecto de inclusión.

Cando a entidade subcontratada sexa beneficiaria doutras axudas dirixidas á inclusión social para a realización de actuacións da mesma natureza que os programas subvencionados por esta orde, os beneficiarios das ditas actuacións deberán ser persoas diferentes, sendo de aplicación para a entidade subcontratada o réxime de incompatibilidade previsto no artigo 8.

A contía subcontratada non poderá superar o 80 % da contía concedida e, se superase o 20 % do total da subcontratación e a súa contía for superior a 60.000 €, a subcontratación estará suxeita aos requisitos previstos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos a entidade local solicitante da subvención remitirá a Dirección Xeral de Inclusión Social antes da súa celebración a proposta de adxudicación de contrato para a súa autorización.

Con respecto ao resto das prestacións subvencionadas, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade solicitante da subvención para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, aluguer de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionadas con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

6. Cando, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe de cada un destes gastos supere os 15.000 €, para o caso de subministracións e servizos, a entidade solicitante da subvención deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, excepto no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

A percepción das axudas para os programas previstos no artigo 4 é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública de fondos comunitarios para o mesmo proxecto. No referente ao gasto de persoal, a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas e, se for o caso, con achegas da propia corporación local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.

Nos supostos en que se declare algunha outra axuda ou ingreso que non proceda de fondos comunitarios para financiar actuacións subvencionadas, o importe da subvención que corresponda despois de aplicar os módulos correspondentes diminuirase na mesma contía que o ingreso percibido.

O conxunto de axudas percibidas para os programas non poderá exceder o custo total subvencionable.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación da entidade en que conste o acordo ou resolución da entidade local de solicitar a subvención.

b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/sa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.

c) Compromiso, asinado polo interventor da corporación local, do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida.

d) En caso de solicitudes formuladas por calquera tipo de agrupación de concellos, deberán achegar:

1º. Para os efectos establecidos no artigo 3, as mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, que pretendan acreditar a realización conxunta de programas, deberán presentar unha memoria de actuación en que conste unha relación de posibles destinatarios que figure no seu empadroamento actual e a sede do servizo onde se lles vaia a dispensar a atención.

2º. O convenio onde se fagan constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada concello membro da agrupación, con indicación da persoa representante ou apoderada única.

e) Documentos específicos para a descrición dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables nos anexos II (poboación xitana), III (poboación inmigrante), IV (persoas en situación de risco ou exclusión social) V (persoas sen fogar) e VI (programas complementarios de educación e apoio familiar), segundo a tipoloxía do programa que se presente. Deberase presentar un anexo por cada un dos programas solicitados. A información mínima contida nestes anexos poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante da subvención, nunha memoria complementaria. En todo caso, deberanse indicar as actuacións previstas en cada anualidade do período de imputación previsto no artigo 7.3.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.

b) Documento nacional de identidade ou número de identidade estranxeiro da persoa representante.

c) Situación no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Situación no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

f) Grupo de cotización dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados á execución dos programas subvencionados.

g) Situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de anexo I de solicitude e/ou no anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Se a solicitude non reúne algúns dos requisitos exixidos, conforme o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas actuacións que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 13.

5. As solicitudes que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, que deberá ser motivada. A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia nos termos establecidos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. No exercicio das súas funcións, o instrutor do procedemento poderá solicitar informe ao órgano administrativo con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais, e tamén informes dos servizos técnicos pertinentes, tanto a nivel central como territorial, os cales non terán carácter preceptivo nin vinculante. Así mesmo, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

7. O órgano instrutor elevará a proposta elaborada conforme o informe da Comisión de Valoración ao órgano de resolución.

Artigo 13. Comisión de Valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, crearase unha Comisión de Valoración que será o órgano colexiado encargado de emitir o correspondente informe en que se concrete o resultado desa avaliación, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. No funcionamento da Comisión aplicaranse as disposicións que regulan os órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente/a: a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. No caso de ausencia, a suplencia será exercida pola persoa funcionaria co mesmo rango que a persoa titular e que estea adscrita á dirección xeral competente en materia de inclusión social.

b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de programas de inclusión, a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de atención ás persoas inmigrantes e un/unha funcionario/a adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar una presenza equilibrada de homes e mulleres.

2. O/a secretario/a, con voz pero sen voto, será un/unha funcionario/a, adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión.

3. En caso de ausencia dalgún membro da Comisión de Valoración, será substituído pola persoa designada polo/a presidente/a.

4. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.

Artigo 14. Criterios de valoración das subvencións

1. O procedemento de concesión das subvencións para programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos e complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social dos artigos 4.1 e 4.2 atenderá a un réxime de concorrencia competitiva, e as solicitudes valoraranse cun máximo de 100 puntos conforme o seguinte baremo:

a) Obxectivos, necesidade social, e carácter innovador do  programa, ata 60 puntos coa seguinte desagregación:

1º. Complementariedade con outros recursos do Sistema galego de servizos sociais existentes no territorio, ata 10 puntos.

2º. Necesidade social, ata 20 puntos:

2º.1. Programas que conteñan actuacións de inclusión residencial, 15 puntos. Se o programa contén actuacións específicas de acompañamento a mulleres sen fogar, alcanzarase a puntuación máxima de 20 puntos.

2º.2. Nos programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante, a necesidade social  valorarase en función das porcentaxes de poboación que se indican a seguir:

2º.2.1. Do 2,5 % ao 3,5 % de poboación inmigrante: 3 puntos.

2º.2.2. Do 3,5 % ao 5 % de poboación inmigrante: 4 puntos.

2º.2.3. De máis do 5 % de poboación inmigrante: 5 puntos.

2º.2.4. Incremento adicional ás puntuacións nos seguintes casos:

2º.2.4.1. Entre 1.001 e 4.000 persoas inmigrantes: 6 puntos.

2º.2.4.2. Entre 4.001 e 9.000 persoas inmigrantes: 5 puntos.

2º.2.4.3. Superar as 9.000 persoas inmigrantes: 10 puntos.

3º. Número de persoas que se prevé atender  no programa ata 20 puntos:

3º.1. De 60 ou máis persoas atendidas en todas as prestacións incluídas no programa subvencionado: 20 puntos.

3º.2. Entre 31 e 59 atendidas en todas as prestacións incluídas no programa subvencionado: 10 puntos.

3º.3. Entre 11 e 30 persoas atendidas en todas as prestacións incluídas no programa subvencionado: 7 puntos.

4º. Continuidade na presentación de proxectos: 10 puntos.

b) Carácter integral dos proxectos de maneira que se aborden conxuntamente varias das prestacións e/ou accións subvencionables: 10 puntos.

c) Realización de actividades específicas de promoción da igualdade de xénero, ata 10 puntos.

d) Proxectos compartidos, ata 20 puntos, distribuídos do seguinte modo:

1º. Pola presentación de solicitude conxunta por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar, excepto a fusión de concellos): 10 puntos.

2º. Memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual: 10 puntos.

No caso de proxectos compartidos presentados por unha fusión de concellos, outorgarase a puntuación máxima deste apartado, 20 puntos.

Artigo 15. Determinación do importe das subvencións para programas

1. Unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos no artigo anterior, obterase unha relación ordenada que se empregará como lista para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá segundo o establecido no seguinte número.

2. O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orden decrecente, de tal forma que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente á outra anualidade de maneira independente. Para estes efectos, a anualidade de 2021 comprenderá as actuacións comprendidas desde o 1 de xullo ata o 30 de novembro de 2021, a anualidade de 2022 as actuacións desde o 1 de decembro de 2021 ata o 30 de novembro de 2022, e a anualidade de 2023 desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

3. De conformidade co previsto no artigo 2.2, as solicitudes susceptibles de axuda que non se inclúan na proposta de resolución por estar esgotado o crédito dispoñible quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que queda libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido nos artigos 30.2 e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nestas bases, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

4. Os módulos que se aplicarán ás prestacións subvencionables establecidas no artigo 5 serán os seguintes:

a) Módulo de apoio á inclusión sociolaboral:

1º. Sección de inclusión básica 19,14 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos realizado por persoal técnico cunha titulación universitaria, titulación superior de Formación Profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.

En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación, cun máximo de 3.153 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 73 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizado polo menos as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección, que serán a diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.

2º. Sección de inclusión e transición ao emprego 19,14 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que no punto anterior, cun máximo de 3.153 horas para o período subvencionable para cada profesional a xornada completa ou varios profesionais con dedicación parcial.

Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 73 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizado polos menos as prestacións que a Carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección, que serán a diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais; accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

Para os programas mencionados no artigo 4.c) dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social, poderase solicitar financiamento para persoal técnico cun máximo de 6.306 horas para todo o período subvencionable. Neste caso, o número mínimo de persoas atendidas será de 140 e o 60 % delas deberán ter as actuacións obrigatorias sinaladas no punto anterior.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

Nos programas dirixidos as persoas sen fogar ou que se se atopan en situación de exclusión severa exixirase para unha dedicación a xornada completa a atención de 28 persoas que deberán ter realizado, polo menos, as prestacións obrigatorias elixidas do mesmo xeito que no punto anterior segundo desde ordinal.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

b) Módulo de formación adaptada/promoción da participación social/reforzo educativo 19,14 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirecto realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na letra a).

Os importes establecidos corresponderán cando asistan cinco participantes a un mínimo do 60 % do total das horas de formación.

c) Módulo de mediación social e/ou intercultural: 17,06 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico con formación profesional superior de grao medio ou formación académica equivalente, complementada con coñecementos adquiridos por demostrada experiencia no seu posto de traballo en mediación intercultural. O seu encadramento profesional será o grupo profesional II do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

d) Módulo de asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxeiría: 19,14 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, cun máximo de 3.153 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación a xornada completa dunha persoa coa titulación en dereito e encadramento no grupo profesional I do convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente, no caso de que non estea no seu ámbito de aplicación.

e) Módulo de apoio á inclusión residencial: 19,14 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na letra a).

f) Módulo de educación e apoio familiar: 19,14 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na letra a).

5. A contía máxima de axuda por programa establécese en 165.000 € euros para todo o período e para cada concello, en caso de mancomunidades ou fusión de concellos, que se subvenciona. Esta contía poderase superar nos casos dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral na modalidade de transición ao emprego de persoas en situación ou risco de exclusión social previstos no artigo 4.1.c) nos cales se poderá financiar en cada concello ata un máximo de 249.509 €. Para o caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para atender todas as actuacións solicitadas, as corporacións locais que soliciten varias actuacións nun mesmo programa deberán priorizalos por orde de importancia no anexo I.

A subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social supervisará a realización de todas as actuacións previstas e poderá requirir á entidade solicitante a súa emenda se conteñen duplicidades ou contradicións que afecten a correcta xustificación das axudas.

Artigo 16. Resolución

1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola intervención delegada.

2. As resolucións ditadas notificaranse ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración. Se vence o prazo máximo para resolver sen que se ter ditado resolución expresa, entenderase desestimada.

3. Na resolución de concesión informarase a entidade beneficiaria de que a axuda é susceptible de ser financiada polo Fondo Social Europeo (FSE) como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19, con expresión do obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e porcentaxe de financiamento correspondente.

Ademais, na resolución de concesión estableceranse as condicións da axuda a que quedan sometidas as entidades beneficiarias derivadas da aceptación da axuda, o plan financeiro e o prazo de execución. Así mesmo, informarase de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes das persoas beneficiarias, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/222, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

4. Unha vez recibida a resolución de concesión da subvención, a corporación local beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

5. En aplicación do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe da axuda da proposta de resolución sexa inferior ao que figura na solicitude, poderase instar a entidade beneficiaria para que, nun prazo de dez días, reformule a solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención proposta e/ou formule as alegacións que coide pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Artigo 17. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

No caso de presentar o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Artigo 18. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo 17 e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido, cando non fose posible efectualas dentro del, por existir fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou doutro tipo de remanentes, ou debido a un incremento dos créditos dispoñibles, nos termos establecidos polo artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Neste caso, salvo que se acuda a unha nova convocatoria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas ás consideradas para a resolución inicial.

Artigo 19. Notificacións e publicacións

1. De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, publicaranse no Diario Oficial de Galicia os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

2. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse complementariamente só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas complementarias practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións complementarias entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación complementaria por outros medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Infraccións e sancións

Será de aplicación ás entidades beneficiarias das subvencións recollidas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 21. Obrigas das corporacións locais subvencionadas

1. As corporacións que sexan subvencionadas deberán:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso, as actuacións prestaranse de acordo co establecido na Carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

b) Manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida.

c) Conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de dous anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Os beneficiarios comprométense a asumir a responsabilidade de adoptar as medidas necesarias para facer chegar ao público información sobre as operacións financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 de acordo co estipulado no anexo II do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2021. En particular, deberán facer constar en todo tipo de publicidade e información das actuacións realizadas a condición de financiadas pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, segundo o establecido no devandito anexo. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto facendo figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, e referencia ao FSE que da apoio ao proxecto, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 e ao lema do Fondo. Durante a realización do proxecto informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, a presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos.

e) Informar, se for o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, así como do obxectivo do fondo, facendo figurar os emblemas como mínimo nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, se for o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da anterior Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados non artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado o acceso á aplicación informática «Participa 1420».

g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que en cada caso estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. En particular, e coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, comunicación en que se fará constar toda a información precisa para dar cumprimento aos requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE. En particular e con respecto ás persoas participantes, solicitará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Para a acreditación deste particular, a entidade deberá solicitar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

h) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

i) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas.

j) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten o lugar e o tempo da realización ás actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días á data en que se produzan.

k) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

l) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información e documentación requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Entre a información e a documentación que debe conservarse incluiranse os contratos laborais e os mercantís se se trata de persoal externo; información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de impartición. Ademais, deberase conservar a documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela de que dispoñan nos casos en que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.

m) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter tanto durante o desenvolvemento das actividades como nos desprazamentos para a asistencia a elas.

n) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

o) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

2. Os servizos da Consellería de Política Social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

No que respecta ás obrigas previstas nas letras c) e d) de comunicar e informar os cidadáns de que as actuacións foron subvencionadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á crise de COVID-19, para xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos no programa operativo, a Dirección Xeral de Inclusión Social solicitará proba documental do cumprimento desta obriga, que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga ou non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 25.

Artigo 22. Prazos e modalidades de xustificación

1. A xustificación dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos no artigo 4.1 e 4.2 xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b), d) e 68.bis.2, 67.5.d) e 68.ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, de modo independente para cada unha das actuacións subvencionadas.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. O primeiro período comprende as actuacións realizadas desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de novembro de 2021 e deberá presentarse antes do 5 de decembro de 2021. O segundo período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2021 e o 30 de novembro de 2022, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2022. O terceiro período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2022 e 30 de abril de 2023, ambos incluídos, e a xustificación debe presentarse antes do 5 de maio de 2023.

Artigo 23. Forma de xustificación

1. A documentación necesaria para xustificar os programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana, inmigrante e persoas en situación ou risco de exclusión social previstos no artigo 4.1 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral e reforzo educativo: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento da subvención no anexo VII.

1º.2. Declaración responsable para a fase de xustificación no anexo VIII.

1º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

1º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

1º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no cal conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

2º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

2º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

2º.5. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, e o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

3º. No caso das actuacións de mediación social e intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría:

3º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

3º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

3º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

3º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

3º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial:

4º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

4º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

4º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º.4. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

4º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral e reforzo educativo: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

1º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

1º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

1º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

1º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no cal conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1º.6. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas a prestación durante o período subvencionado.

Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase información da entidade extraída da aplicación «Inclusión» ou no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias, e dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta información deberá estar asinada tamén polos traballadores e o beneficiario da prestación.

Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas atendidas, de que se cumpriron para cada un deles os indicadores de produtividade, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de impartición. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social. No caso do reforzo educativo a acreditación das persoas atendidas dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de actuación, farase mediante declaración responsable no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

De forma excepcional, naqueles casos en que, con motivo da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, non sexa posible contar coa sinatura presencial por parte do beneficiario da prestación, admitirase a declaración responsable ou o informe extraído da aplicación de «Inclusión» asinada unicamente pola entidade e o traballador, extraída da aplicación «Inclusión».

1º.7. Para as actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.

1º.8. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º.2. Declaración responsable do anexo VIII.

2º.3. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

2º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

2º.5. Declaración responsable da entidade dos indicadores de produtividade das persoas atendidas, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

2º.6. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

2º.7. No caso de que as actuacións se realizaran por medios telemáticos, follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no cal conste un resumo do número total de horas do período subvencionado.

Nestes casos é necesario deixar constancia evidente da efectiva impartición da actividade, tales como capturas de pantalla, exercicios enviados e respondidos, mensaxaría instantánea, actividade a través de redes sociais ou calquera outra proba acreditativa da relación a distancia entre a entidade beneficiaria e o destinatario final.

2º.8. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

3º. No caso das actuacións de mediación intercultural e asesoramento técnico:

3º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

3º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

3º.3. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

3º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase o anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

3º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas a prestación durante o período subvencionado. Presentarase unha declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriron para cada un deles os indicadores de produtividade, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

3º.6. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

3º.7. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial.

4º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

4º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

4º.3. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º.4. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

4º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado. Presentarase unha declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriron para cada uno deles os indicadores de produtividade, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

4º.6. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º.7. Memoria técnica do programa rematado segundo o guión do anexo XI.

2. A documentación necesaria para xustificar os programas complementarios de educación e apoio familiar previstos no artigo 4.2 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º. Anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

5º. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo traballador e a entidade responsable.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa e declaración de gastos reais correspondentes ao período que se pretende xustificar, anexo IX.

4º. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo X xa presentado na xustificación parcial do programa, de ser o caso, achegarase anexo X de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

5º. Acreditación do número total das persoas atendidas e das traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado. Presentarase unha declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriu para cada un deles os indicadores de produtividade, dos traballadores que realizaron a actuación, das horas dedicadas e do lugar de atención.

6º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

7º. Memoria técnica do programa rematado no anexo XI.

3. Para homoxeneizar a documentación xustificativa, toda a documentación debe presentarse obrigatoriamente segundo os modelos dispoñibles a través da páxina web da Consellería de Política Social, excepto aqueles que poidan extraerse da plataforma informática.

Artigo 24. Forma de pagamento

1. O importe de axuda que se percibirá será o resultado obtido de multiplicar o importe de cada unidade de atención realizada polo número delas efectivamente xustificadas.

2. No caso do servizo de apoio á inclusión establecido no artigo 5.1.a).1º e 2º, se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizadas as actuacións obrigatorias, procederase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.

Artigo 25. Reintegro das subvencións concedidas

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Particularmente, acadarán a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 21.1.b) e d). O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 21.1.j) e k) implicará que a correspondente acción formativa se considere non realizada, agás no caso da establecida no artigo 21.1.k), cando se poida acreditar que a non comunicación en prazo se debe a causas imprevistas debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Procederá o reintegro do 10 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

Procederá o reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación, como obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc., estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a graduación fixada neste número resultará aplicable para supostos de reintegro no caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

3. Igualmente, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a entidade beneficiaria poderá realizar a devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e NIF do beneficiario. Unha vez ingresado, deberase informar a Dirección Xeral de Inclusión Social da devolución voluntaria realizada.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 27. Control

1. A Consellería de Política Social poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. Sen prexuízo do indicado no número anterior, a Consellería de Política Social realizará, ben con persoal propio ben a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaraa ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitar ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e á súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e aqueloutras que determine a súa condición de subvencionada polo PO FSE Galicia 2014-2020.

4. Por outra parte, de conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto.

Disposición adicional segunda. Medida contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social para ditar os actos e instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI

Guión para a elaboración da memoria técnica do programa rematado

1. Datos relativos á actuación.

a) Denominación da entidade.

b) Denominación da actuación con indicación do marco en que se desenvolve.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos.

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

4. Recursos empregados.

a) Recursos humanos especificando a súa titulación e dedicación horaria á actuación.

b) Recursos materiais especificando os que son cedidos e a cooperación con outras entidades, de for o caso.

5. Actuacións desenvolvidas.

a) Cronograma.

b) Datas de inicio e remate.

c) Número de horas.

d) Modo de selección de participantes.

e) Metodoloxía do programa, incluíndo como se aplicou a perspectiva de xénero no seu desenvolvemento. Referencia ás técnicas e procedementos da intervención facendo especial fincapé, se for o caso, naqueles con compoñente innovador.

f) Relación de participantes con expresión do DNI ou equivalente.

g) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

h) Outros datos de interese (asistencia, número de baixas, motivación, dificultades, etc.) desagregados por sexo.

i) Coordinación con outros dispositivos (equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades, etc).

6) Perfil:

1º. Clasificación segundo o sexo: (número de homes, número de mulleres).

2º. Clasificación segundo idade (por sexo).

3º. Clasificación por nivel de estudos, etc. (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.) por sexo.

5º. Clasificación por situación laboral e sexo.

7) Perfil das persoas con inserción laboral:

1º. Número total de insercións laborais.

2º. Clasificación segundo o sexo: (número de homes, número de mulleres).

3º. Clasificación segundo a idade (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas dos participantes por sexo (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.).

5º. Clasificación por nivel de estudos por sexo, etc.

6º. Datos relativos ao tipo de contrato, xornada e sector de actividade por sexo.

8. Avaliación cualitativa da actuación.

a) Grao de cumprimento de obxectivos.

b) Protocolo de seguimento de actuacións e participantes.

c) Valoración do alumnado/persoas participantes/usuarias.

d) Resultado de indicadores de avaliación.

e) Conclusións. Aspectos que destacaría como boa práctica.

As entidades deberán seguir este guión e nas súas memorias poden engadir os aspectos que consideren significativos para a valoración das actuacións desenvolvidas.

A entidade deberá presentar unha memoria para cada unha das actuacións subvencionadas.