Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45826

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 6 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), polas que se nomean os membros do tribunal encargados de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación, para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 27 de setembro de 2021, ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal