Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 20 de setembro de 2021 Páx. 46135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021847AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 19 de agosto de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021847AE-OU incoado ao titular do DNI 34955287W, con enderezo en lugar da Eirexa, nº 23, 32702 Vilar de Barrio (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 34955287W, con enderezo no lugar da Eirexa, 23 32702-Vilar de Barrio (Ourense), o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante a Xefatura Territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1. da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de setembro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2021847AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: 34955287W.

Último enderezo coñecido: lugar da Eirexa, nº 23, 32702 Vilar de Barrio (Ourense).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causada polo SARS-CoV-2 (DOG número 7-Bis, do 13 de xaneiro de 2021).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).