De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal mediante a Orde do 23 de xuño de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 127, do 6 de xullo, e por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, de conformidade coa disposición adicional única da dita orde do 23 de xuño de 2021, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal, coa composición que se relaciona no anexo.
A Estrada, 10 de setembro de 2021
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal
– Tribunal titular:
Presidenta: Paula Blasco Muela, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.
Vogais:
Diego Negral Fernández, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Culleredo.
Begoña del Río Martínez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.
– Tribunal suplente:
Presidenta: María Ramos Canosa, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
Vogais:
Óscar Manuel Sánchez Vázquez, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Vigo.
Ana María Pájaro Lago, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.