Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de setembro de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Redefinición do itinerario peonil e ciclista na AC-552, treito Pastoriza-Vilarodís, puntos quilométricos 5+130 - 6+110, de clave AC/20/130.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 7 de setembro de 2021, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: Redefinición do itinerario peonil e ciclista na AC-552, treito Pastoriza-Vilarodís, puntos quilométricos 5+130 - 6+110, de clave AC/20/130.06, no municipio de Arteixo (A Coruña).

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia determina no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Fomento da mobilidade sostible. Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca da Coruña e concellos limítrofes, de clave AC/14/062.06 onde se propón, entre outros, a creación dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-552 que se recolle no proxecto construtivo que nos ocupa.

As actuacións que se van executar realizaranse na marxe dereita da estrada AC-552 entre os puntos quilométricos 5+280 e 5+400. Trátase da redefinición dun treito de senda xa proxectada (AC/16/096.06) e que posibilitará a circulación a pé ao longo da estrada AC-552: execución dun itinerario peonil continuo, reforzo do firme da vía existente e actuacións de seguridade viaria.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 Arteixo, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidad.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

Redefinición do itinerario peonil e ciclista na AC-552.

Treito: Pastoriza-Vilarodís. Puntos quilométricos 5+130 - 6+110.

Clave: Ac/20/130.06.

Concello de Arteixo.

Referencia

catastral

Apelidos e nome

DNI

Situación básica do chan

Aprov.

Clase de cultivo

Área afectada (m²)

1

15005A06200256

Vázquez López, Florencio

***0794**

Rural

Agrario

Labor ou labradío secano

75,98