Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria no expediente de expropiación no concello do Carballiño IN407A 2020/60-3 AT.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios do predio que se sinala no anexo por seren descoñecidos, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Mediante o presente anuncio comunícase o traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria no expediente de expropiación denominado regulamentación LMTA ALB803 apoio nº D38-23, no Concello do Carballiño, na provincia de Ourense.

O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase a disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense (solicitando cita previa no teléfono de contacto 988 38 67 10), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2020/60-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB803-APOIO D38-14-3.

Concello: O Carballiño.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

1

Regas

Descoñecido