Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46460

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por concurso-oposición de promoción interna, dunha praza de persoal laboral fixo da categoría III-2, incluída na oferta de emprego público de 2021.

Mediante Resolución da Alcaldía do 6 de setembro de 2021, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna, dunha praza de persoal laboral fixo de categoría III-2 e incluída na oferta de emprego público de 2021, coas seguintes características:

Praza de persoal laboral fixo, denominada operario EDAR e servizos municipais, pertencente á categoría III-2 .

Número de vacantes: 1.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 178, do 15 de setembro de 2021, publicáronse as referidas bases na súa integridade.

Prazo de presentación das solicitudes: vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Catoira, 15 de setembro de 2021

Alberto García García
Alcalde presidente