Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021294AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 28 de xullo de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021294AE-OU incoado ao titular do DNI 50763962H, con enderezo na rúa Galicia, 8-1º, 32600 Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 50763962H, con enderezo na rúa Galicia, 8-1º, 32600 Verín (Ourense), o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 9 de setembro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2021294AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: 50763962H.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Galicia, 8-1º, 32600 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Orde do 29 de agosto de 2020 pola que se aproba o Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de saúde pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e o control da infección polo SARS-CoV-2 e se ditan instrucións para a tramitación dos procedementos sancionadores nestes casos (DOG núm. 175, do 29 de agosto).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: seis mil quince euros (6.015 €).