Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46587

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).

En sesión que tivo lugar o día 6 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada pola Resolución do 14 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo que tivo lugar os días 3 e 15 de xullo de 2021, desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal, do 30 de xuño de 2021, pola que se dá publicidade aos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obteñan un mínimo de corenta e unha (41) respostas correctas na primeira parte e catorce (14) respostas correctas na segunda parte do exercicio, unha vez feitos os descontos correspondentes. As preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán puntuación.

Asignaráselles a valoración de 30 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 13 de setembro de 2021, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos 414 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, no portal web corporativo da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Segundo a base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

Vanessa Cal Ríos
Presidenta do tribunal