Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de setembro de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 215/2021 no expediente de reposición da legalidade LUL/5/2019-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 215/2021, interposto pola persoa con DNI 76556097E, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 16.6.2021 no recurso de reposición, interposto contra outra do 30.10.2019 (expediente LUL/5/2019-RP1), na cal se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estados anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á demolición e retirada das obras levadas a cabo dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, consistentes nun peche de pedra con cancela metálica de entrada, construción de planta baixa con tipoloxía residencial acaroada ao peche, soleira rematada con lousa e plaqueta que rodea a construción e pozo artesán, situadas todas elas dentro do recinto delimitado polo dito peche, no lugar de Aguadoce, concello de Viveiro, no prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 34635134D para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística