Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 22 de setembro de 2021 Páx. 46590

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade (código de procedemento PR461C), e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro exercicio do proceso selectivo.

No DOG núm. 126, do 5 de xullo de 2021, publícase a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade.

No Diario Oficial de Galicia número 158, do 18 de agosto de 2021, publicouse a Resolución do 17 de agosto de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade.

Transcorrido o prazo de emenda establecido no punto 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no punto 3.6.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade convocado pola Orde do 23 de xuño de 2021 (DOG núm. 126, do 5 de xullo).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Segundo. En sesión que tivo lugar o 16 de setembro de 2021, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 27 de setembro de 2021, no Salón de Actos da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 11.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal e bolígrafo azul.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 17 de setembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas. Quenda de mobilidade

NIF

Apelidos e nome

Motivo da exclusión (cód).

***6933***

Noya Señoráns, Francisco Javier

1

Causas de exclusión:

Cód.

Descrición

1

Non acredita ter en propiedade a categoría de oficial cunha antigüidade mínima de tres anos