Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46727

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

De acordo co previsto na Orde do 29 de abril de 2014 pola que se habilita e autoriza á Rede de centros para a modernización tecnolóxica de Galicia (rede CeMIT) para a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, anúnciase a convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (en diante, CODIX), que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

1. Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

2. Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Segunda. Contidos da proba

1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación de dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de administración e xestión (BOE número 109, do 7 de maio).

2. A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Terceira. Prazas convocadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse de acordo co seguinte calendario:

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10.00

10

Ames

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10.00

7

Cerceda

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10.00

6

Coruña, A

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10.00

10

Porto do Son

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10.00

5

Ribeira

Coruña, A

Mércores, 3 de novembro

10.00

8

Carballedo

Lugo

Mércores, 3 de novembro

10.00

3

Lugo

Lugo

Mércores, 3 de novembro

10.00

8

Bola, A

Ourense

Mércores, 3 de novembro

10.00

6

Celanova

Ourense

Mércores, 3 de novembro

10.00

9

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

7

Lalín

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

12

Moaña

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

7

Poio

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

5

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

6

Vigo

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

8

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

10.00

10

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Fonsagrada, A

Lugo

Mércores, 3 de novembro

12.00

10

Lugo

Lugo

Mércores, 3 de novembro

12.00

8

Bande

Ourense

Mércores, 3 de novembro

12.00

6

Barco de Valdeorras, O

Ourense

Mércores, 3 de novembro

12.00

6

Bola, A

Ourense

Mércores, 3 de novembro

12.00

6

Cuntis

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12.00

8

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12.00

12

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12.00

9

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Mércores, 3 de novembro

12.00

10

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Abegondo

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

10

Ames

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

7

Brión

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

10

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

10

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

8

Porto do Son

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

5

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

8

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

10.00

9

Barreiros

Lugo

Xoves, 4 de novembro

10.00

6

Carballedo

Lugo

Xoves, 4 de novembro

10.00

3

Guitiriz

Lugo

Xoves, 4 de novembro

10.00

14

Bola, A

Ourense

Xoves, 4 de novembro

10.00

6

Lalín

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10.00

12

Moaña

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10.00

7

Poio

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10.00

5

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10.00

9

Vigo

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

10.00

8

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

12.00

9

Burela

Lugo

Xoves, 4 de novembro

12.00

5

Bande

Ourense

Xoves, 4 de novembro

12.00

6

Barco de Valdeorras, O

Ourense

Xoves, 4 de novembro

12.00

6

Bola, A

Ourense

Xoves, 4 de novembro

12.00

6

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12.00

8

Lalín

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12.00

12

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12.00

12

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12.00

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

12.00

6

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16.00

10

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16.00

6

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16.00

7

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16.00

8

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16.00

12

Santiago de C.

Coruña, A

Xoves, 4 de novembro

16.00

9

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 4 de novembro

16.00

4

Bola, A

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16.00

6

Castro Caldelas

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16.00

8

Celanova

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16.00

9

Leiro

Ourense

Xoves, 4 de novembro

16.00

4

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

16.00

18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

16.00

8

Moaña

Pontevedra

Xoves, 4 de novembro

16.00

7

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Ames

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

7

Boiro

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

10

Brión

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

10

Cerceda

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

6

Fisterra

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

6

Narón

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

9

Oroso

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

10

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

10.00

7

Carballedo

Lugo

Venres, 5 de novembro

10.00

3

Guitiriz

Lugo

Venres, 5 de novembro

10.00

14

Monterroso

Lugo

Venres, 5 de novembro

10.00

11

Celanova

Ourense

Venres, 5 de novembro

10.00

9

Estrada, A

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10.00

10

Moaña

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10.00

7

Poio

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10.00

5

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10.00

12

Tomiño

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10.00

9

Vigo

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

10.00

8

Localidade

Provincia

Día

Hora

Nº prazas

Boiro

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12.00

10

Narón

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12.00

9

Oroso

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12.00

10

Santa Comba

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12.00

12

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 5 de novembro

12.00

5

Monterroso

Lugo

Venres, 5 de novembro

12.00

11

Cuntis

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12.00

8

Guarda, A

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12.00

6

Marín

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12.00

10

Tomiño

Pontevedra

Venres, 5 de novembro

12.00

9

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros

3. As previsións establecidas nesta calendarización poderán ser modificadas á vista das recomendacións que realicen as autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma en función da evolución da pandemia da COVID-19.

Cuarta. Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de intenet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.

5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos.

Quinta. Criterios de selección

1. As prazas dispoñibles en cada localidade asignaranse por orde alfabética entre as persoas preinscritas en tempo e forma aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez remate o prazo de inscrición, e cuxo lugar e data de realización se publicitará na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

2. No sorteo extraeranse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras.

3. A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningunha, continuarase pola seguinte persoa solicitante por orde alfabética pasando de «ZZ» a «AA».

4. En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta.

5. Os resultados deste sorteo, así como as listaxes de persoas admitidas provisionalmente e en lista de agarda, serán publicados na web da rede CeMIT para a súa consulta pública (http://cemit.xunta.gal).

6. No caso de quedar prazas libres nalgunha localidade consideraranse desertas e non serán ofertadas a persoas inscritas noutra quenda ou localidade, ante a imposibilidade material de realizar en prazo un novo procedemento de selección por libre concorrencia.

Sexta. Fase de matriculación

1. As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio coas instrucións necesarias para proceder á súa matriculación.

2. As persoas con dereito a matriculación deberán aboar no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data de publicación das listaxes provisionais a taxa correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

3. Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas provisionalmente aboen os dereitos de exame, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes. As persoas admitidas por esta quenda deberán aboar a taxa correspondente aos dereitos de exame no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data do dito chamamento.

4. As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal

Sétima. Taxas de exame

1. Segundo o anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240, do 11 de decembro), o importe da taxa para inscribirse nas probas de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática será de dez euros con sesenta e tres céntimos (10,63 euros).

2. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos de exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. O xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, así como calquera documentación complementaria no caso de exención, deberá presentarse electronicamente no enderezo formacion-cemit@xunta.gal, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a comprobación da validez da copia electrónica presentada.

Oitava. Desenvolvemento das probas

1. As probas de avaliación presencial para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática teñen o seguinte formato:

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Intentos

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

50

90

Un

Non

60 %

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. A non comparecencia no lugar e na data sinalado para a realización das probas suporá a perda dos dereitos que se poidan derivar desta convocatoria, non sendo tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

4. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

5. Para realizar a proba de avaliación é necesario que cada participante lembre as súas credenciais de acceso á rede CeMIT (usuario e contrasinal).

6. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos nin de ningún material adicional durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

7. Na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) poden consultarse as recomendacións orientativas cara á reapertura das aulas CeMIT, así como as medidas preventivas que rexerán para os espazos e a protección dos usuarios das aulas.

Novena. Facultades da Amtega

1. Resolver aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e xestión das probas de avaliación. Así mesmo, correspóndelle prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. Modificar o desenvolvemento e contido das probas, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

3. Expedir a certificación galega de competencias dixitais en ofimática a todas aquelas persoas que superen a proba da avaliación, segundo o disposto no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, que regula a citada certificación.

Décima. Notificacións

1. Notificaranse ás persoas que superen as probas de avaliación a súa resolución preferentemente por medios electrónicos, podendo decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo primeira. Datos de carácter persoal

1. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa finalidade de levar a cabo a tramitación da presente convocatoria, informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento e levar a cabo as tarefas de inscrición e matriculación.

2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme ao previsto na presente convocatoria e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

3. Os datos serán comunicados aos terceiros colaboradores para a emisión do certificado de competencias dixitais en ofimática-CODIX, coa finalidade de informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación e xestionar a súa emisión e arquivo.

4. Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento conforme ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente resolución a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

5. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os datos, así como exercer outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, presencialmente ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia