Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Carballeira, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Vicente de Oitavén, no concello de Fornelos de Montes.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do día 23 de novembro de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Fornelos de Montes.

Parroquia: San Vicente de Oitavén.

Nome do monte: Carballeira.

Cabida: 12.464 m² (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36019A005005000001RR.

Estremas:

Titulares

Norte

Río

Sur

Concello de Fornelos de Montes

Diocese de Tui-Vigo

Camiño público

Leste

En investigación:

Leonor Pérez Garrido

Consuelo Rodríguez Rivas

Alfredo García Bouzón

Camilo Lorenzo Casqueiro

Armando García Bouzón

María Balbina Fernández Fernández

Oeste

Camilo Casqueiro Lorenzo

Digna Fernández Casqueiro

Delfín Pérez Pérez

Manuel Fernández Bouzón

Consuelo Rodríguez Rivas

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 9 de setembro de 2021

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra