Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Piñor (expediente IN407A 2021/121-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CNO804-apoios núm. 66-17-7 e núm. 66-17-8.

Situación: concello de Piñor.

Características principais do proxecto, que foi redactado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1534 do ICOIIG, en data do 28.4.2021, quen achega declaración responsable de habilitación e competencia:

– Substitución do apoio nº 66-17-8 de tipo HV, por deterioración, e instalación no seu lugar dun novo apoio de celosía metálica do tipo C-18/1000-T35/180-CA, con retensado do condutor existente LA-56. A reforma ten a súa orixe no apoio número 66-17-6, existente, da LMTA CNO804 (expediente 3488 AT) e o seu remate no apoio número 66-17-10.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados pola instalación eléctrica de referencia figura no anexo desta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá presentar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Ourense, 2 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2021/121-3.

Termo municipal: Piñor.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CNO804-apoios núm. 66-17-7 e núm. 66-17-8.

Predio nº: 1.

Lugar: Galiñeiro.

Cultivo: monte alto.

Referencia catastral: 32062A021000880000OL.

Titular: herdeiros de Modesta Ojea Fernández.

Afección: 2 m2 de ocupación para o apoio 66-17-8.